martes, 25 de septiembre de 2012

martes, 8 de mayo de 2012

               VICENTE PAZ ANDRADE

O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na
parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril
de 1898.                                                                              
Fixo o bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou   
Dereito en Compostela onde coincidiu con
numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente
Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo...
Chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal
 Pescanova
que foi a primeira compañía armadora europea
de buques conxeladores e da que foi vicepresidente.
Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está
adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao,
e leva por título
tarde escribiu
«Pranto Matricial» (1954). Máis«Sementeira do vento» (1968) e
«Cen chaves de sombra»
Faleceu en Vigo no ano 1987.
Foi membro da Real Academia Galega e da Real
Academia Galega das Ciencias, galardoado co
Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos
premios máis polo seu traballo a prol de Galicia.
Este ano é o autor homenaxeado no Día das

                                                                                                                 «PRANTO MATRICIAL»
CANDO TI VOLVAS
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,      
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...
Galiza, 1954

(1979).
Foi membro do Partido Galeguista sendo nomeado
o seu secretario en 1934. Anteriormente fora
candidato a diputado ás Cortes Constituíntes. Colaborou
na redacción do primeiro Estatuto de Galicia
presentado polo Seminario de Estudos Galegos
no ano 1931.
Cando estalou a Guerra Civil defendeu a moitos
galeguistas e mesmo axudou a fuxir a algunhas
persoas. Foi desterrado a Verín, Badaxoz... e ao
longo da súa vida foi detido en varias ocasións
por mor da súa militancia política e polos seus artigos
periodísticos.
Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras
e escribiu moitos libros sobre os problemas
da pesca en Galicia e no mundo.
Impulsou a creación do grupo industrial galego
«Galicia».

miércoles, 28 de marzo de 2012

Pel de Lobo

Pel de lobo

Título: Pel de lobo                                             
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
Nº páxinas: 101                                             
ISBN: 84-8302-865-4
PREMIO MERLÍN 2002
XOSÉ MIRANDA naceu en Lugo, en 1955.
Profesor de Ciencias no ensino secundario.
Poeta e narrador. Publicou no ano
2000 O coello Federico e os amorodos, e
tamén para lectores e lectoras infantís e
xuvenís, Feitizo e Ariadna.
Participa con Antonio Reigosa e Xoán
Ramiro Cuba no proxecto de recuperación
e recreación da tradición oral galega
«Cabalo buligán».
  Acada os seguintes premios: Premio Xerais de Novela 1998 con Morning Star, con Na terra sombría gaña o premio de narrativa curta Modesto Figueirido 1988, con Historia dun
paraugas azul consegue o premio de novela M. García Barros 1990, e o Merlín 2002 coa
novela que nos ocupa; tamén o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía en 1995 con
Amantes e viaxeiros e o premio Esquío en 1996 con Permiso para o corso.
Publicou, ademais, as novelas Vestio e A tres bandas (1995), os libros de relatos A biblioteca
da iguana (1994) e O demo á orella (1996) e os poemarios Sonetosfera e Carozo azul.


A novela está narrada en primeira persoa por Xosé Nóvoa. Conta o que sucedeu nos tempos
en que sendo el un mozote de dezasete anos foi con seu pai ás terras do Incio, a onde
foran chamados para acabar cun lobo que estaba causando estragos por aqueles lugares.
Fulxencio Nóvoa, o pai, ten fama de moi bo tirador e segundo din non hai lobo que se
lle resista. Non é esta a primeira vez que o solicitan para acaban con esas pragas do inverno.
Sen embargo, desta acordarase sempre, entre outras cousas porque a partir de aí deixará
de cazar e cambiará a súa vida.
Naqueles tempos a noite impoñía o seu dominio, a noite era invencible e, na noite, o lobo
era o amo. O gran lobo negro que van buscando parece ter intelixencia, é un lobo da
xente; e vai acompañado doutro branco que ten idénticas características.
Constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Galicia, á
súa fala e concepción do mundo. Unha novela engaiolante de aventuras e terror, de misterio e de iniciación da vida adulta; na que non falta tampouco unha interesante historia de amor, o debate sobre as ideoloxías
dese momento, o mundo mítico e as crenzas populares do mundo aldeán ou as historias
de cazadores.
Escrita nunha prosa de alta calidade, emprega unha lingua popular moi pulida.

miércoles, 14 de marzo de 2012

A ILLA DO TESOURO

Gustaríavos ler este libro?

Escritor/a: Robert Louis Stevenson
Tradutor/a: Xavier Alcalá
Ilustrador: Federico Fernández Alonso

Ed. Edicións Xerais de Galicia,
2003 | Infantil-Xuvenil

Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ó mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Long John Silver e o resto dos tripulantes da Española significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben, a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral do ser humano, “A illa do tesouro” representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.
Robert Louis Stevenson naceu en 1850 en Edimburgo e finou en 1894 en Samoa. Foi agarimosamente sepultado polos indíxenas no cume do monte Vaea, de cara ó Océano Pacífico. Malia a súa curta vida embazada pola mágoa dunha teimuda doenza do peito, deixou escrito: «toda a historia da miña vida é para min máis fermosa que calquera poema."

LECTURAS TERCEIRO TRIMESTRE

Como sabedes xa estamos ás portas do 3º trimestre e sería aconsellable que comentásemos cales poden ser os libros que nos gustaria ler?
Animádevos e comentádeo

fotos Xabier P.Docampo

Xabier P Docampo on PhotoPeach

XABIER P.DOCAMPO NA FONSAGRADA

    Hoxe,por fin, tivemos a oportunidade de coñecer ao autor do libro que estivemos a ler este trimestre. Estabamos ansiosos por coñecelo, pero tamén para que nos desvelase o misterio das once badaladas.
Deunos respostas a moitas das preguntas que lle fixemos pero tamén nos axudou a concienciarnos un chisquiño máis da importancia que ten a lectura e do esforzo que supón a faceta literaria.
    Pasámolo xenial!

lunes, 27 de febrero de 2012

CANDO O AUTOR FALA DE SÍ

Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.
     Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
     Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.
     Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.
     Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.
     Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.
     Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.
     Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.
     Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria.
     Polos meus libros déronme algúns premios:

     Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.
     Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.
     Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.

     "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995".