lunes, 14 de octubre de 2013

A FAMILIA E OS BOS LECTORES

A familia xoga
un papel importante
na formación de bos lectores

O placer por ler non se esperta de forma automática, supón             
unha aprendizaxe.

A estimulación debe adecuarse ás habilidades e intereses
dos nenos e nenas.

Temos que dar de ler, sen pedir nada a cambio. Dar tempo
para que descubran o bo que hai na lectura.

Os intereses e as aficións contáxianse. É necesario que eles
vexan que realmente nós disfrutamos co libro. 
                                                                           
A curiosidade espértase, non se pode impoñer.     

 OS LIBROS
Provocan a curiosidade polo que nos rodea e acércannos a mundos
lonxanos.
Levan a cabo o desenvolvemento da imaxinación, do coñecemento
do mundo e das xentes que o habitan.
Aumentan a  nosa capacidade de expresión e enriquecen a nosa
linguaxe.
Convídannos a buscar, comparar e comprender.
Educan os sentimentos, axúndannos a coñecernos e a
identificarnos cos outros.
Relaciónannos coa nosa comunidade cultural e póñennos en
contacto con outras visións do mundo.

NA CASA

Buscar un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e
nenas.

Esta lectura non debe estar relacionada coas tarefas escolares.
É máis importante a calidade da relación establecida que a cantidade
(15 minutos poden ser suficientes).
Sentarse ao seu carón e ler para eles e con eles.


Compartir a lectura en familia, aínda que sexan autónomos lendo.
Facer da lectura un tempo divertido.

Ler libros, revistas, xornais que lles resulten interesantes para
poder comentar o que neles aparecen.

Non pedirlles que fagan resumos, que expliquen o que entenderon,
 non é un traballo, é un placer.

Demostrar que para os pais a lectura é gratificante, ler diante
deles, comentar o libro que se está lendo.

Interesarse e preguntarlles polo libro que están lendo (de forma
voluntaria ou porque lles mandaron no colexio).

Falar cos nenos e nenas dos seus gustos e intereses.

Axudarlles a seleccionar libros, sen impoñer as preferenzas dos
adultos.

Mostrarlles os recursos dos que dispoñen na súa localidade no
referente a buscar información e libros.
Acompañalos a librerías, bibliotecas.

Calquera motivo pode ser bo para ler, axudarlles a comprobar que
a lectura é importante para calquera actividade


martes, 10 de septiembre de 2013

BENVIDOS/AS AO BLOG DO 3º CICLO DE PRIMARIA. ÁNIMO PARA EMPEZAR CON FORZAS UN NOVO CURSO.